Aquel -e

Galiza pop

Milenial e youtubeiro

Galiza perdeu nas últimas décadas practicamente toda conexión co mundo da cultura pop, sendo esta unha forma de conectar con gran parte da sociedade. Temos que recuperala. Cómpre deixar de rexeitar as innovacións do panorama internacional e adaptalas para facelas nosas, debemos poñer en valor a produción das milenials e crear un entretemento moderno. Temos que actualizar as vellas fórmulas e crear unha cultura pop galega contemporánea, só así conseguiremos conectar coas xeracións máis novas e co mundo actual.


Son graduado en lingua e literatura galega, músico e un milenial de manual. Xuntei todas estas paixóns nunha canle de YouTube baixo o nome de Aquel-e, onde intento poñer en valor a cultura milenial e da Xeración Z porque axiña teremos que coller as rendas desta sociedade.

Aquel -e, canle de YouTube