Ruth Caramés

Mamá, que son os “cantaghuevos”?

Bióloga, deseñadora e nai

A través dun pequeno kamishibai dixital falarei da miña experiencia como nai ao tempo que irei dando conta dos recursos dos que dispomos as familias para educar as nosas fillas e fillos en galego: libros, xogos, música, audiovisual… e que se recollen no portal aliali.gal.


Formeime para bióloga pero as artes gráficas, o debuxo, o deseño… aquilo que sempre me tirara máis como afección, acabaron por converterse na miña principal ocupación profesional. Desenvolvo o meu traballo desde a cooperativa Fabaloba e tiven a sorte de participar en iniciativas como a campaña “Gústame o galego”, o deseño de materiais para o programa Apego ou o portal de información Alí. Recursos en galego para a educación infantil. Nestas cousas paso ben de horas, pero realmente, a miña principal, principal ocupación, e preocupación, é a de ser nai.