Edición 2015

Participantes

10/11/2015
Luís iglesia

Luís iglesia

Actor e dobrador. Sería o mesmo a lingua galega sen o audiovisual?

10/11/2015
Xurxo Mariño

Xurxo Mariño

Neurocientífico que lle dá voltas á relación entre cerebro, mente e lingua…

10/11/2015
Lara Tigre

Lara Tigre

O que tal hai na música galega! Para demostralo estará con nós a presentadora de Onda Vital.

10/11/2015
Manuel N. Singala

Manuel N. Singala

Sociolingüista e escritor que nos quere facer reflexionar e desmontar algúns prexuízos que hai arredor do galego.

10/11/2015
Carmen Grimaldi

Carmen Grimaldi

Moza andaluza que vive na Coruña, e que nos quere contar a súa relación coa lingua galega desde as súas circunstancias…

10/11/2015
Xosé Lois Vilar

Xosé Lois Vilar

Xosé Lois Vilar é vendedor de froita nas feiras e apaixonado da lingua e do patrimonio. En definitiva, un entusiasmado do propio.

Presentacións

10/11/2015
María Lado

María Lado

10/11/2015
Lucía Aldao

Lucia Aldao

Actuacións

10/11/2015
Alba María

Alba María

10/11/2015

Xenderal

Experiencias, argumentos, opinións, propostas, palabras, reflexións... Ideas!

LGx15 é iso, un proxecto para a difusión de ideas para o futuro da lingua, e que comeza cun evento de charlas e exposición de argumentos e experiencias que poden influír nas actitudes e conciencia lingüística e no futuro do galego.

En LGx15 interveñen diversas persoas para transmitir, dun xeito breve, claro e visual –a través de charlas dun máximo de 15 minutos–, ideas e reflexións que poden, e queren, influír no uso e prestixio do galego e/ou nas actitudes e comportamentos lingüísticos, procurando reflexións, accións e cambios.

No acto, ademais, hai música e humor, o que o fai un acto festivo e divertido. Despois do evento, as charlas, as ideas, difúndense en vídeo a través da rede.

O primeiro acto LGx15 tivo lugar o 25 de novembro de 2015 na Sala Capitol de Santiago de Compostela. E agardamos que haxa máis!

> Fotos de Xurxo Mariño <