Participantes

15/10/2020
Ángel Carracedo

Ángel Carracedo

O galego na miña vida

Doutor en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela

09/10/2020
Laura Marín

Laura Marín

O camiño para volver ó galego

Estudante e cantante

09/10/2020
Verto

Verto

Música pop e normalización lingüística

09/10/2020
Adrián Dios

Adrián Dios

Sempre coa lingua fóra: usando o galego no deporte

Adestrador de baloncesto e profesor universitario

09/10/2020
Bea Campos

Bea Campos

En galego, dende o berce

Actriz, narradora e presentadora

09/10/2020
Esther Estévez

Esther Estévez

E falarei como eu queira, ou?

Contidos Web da TVG. #DígochoEu

09/10/2020
Manuel Gago

Manuel Gago

Levo milenios de memoria entre os meus beizos

Xornalista, profesor universitario e escritor

Experiencias, argumentos, opinións, propostas, palabras, reflexións... Ideas!

LGx15 é iso, un proxecto para a difusión de ideas para o futuro da lingua, e que comeza cun evento de charlas e exposición de argumentos e experiencias que poden influír nas actitudes e conciencia lingüística e no futuro do galego.

En LGx15 interveñen diversas persoas para transmitir, dun xeito breve, claro e visual –a través de charlas dun máximo de 15 minutos–, ideas e reflexións que poden, e queren, influír no uso e prestixio do galego e/ou nas actitudes e comportamentos lingüísticos, procurando reflexións, accións e cambios.

No acto, ademais, hai música e humor, o que o fai un acto festivo e divertido. Despois do evento, as charlas, as ideas, difúndense en vídeo a través da rede.