No LGx15 tamén aprendemos a colocar os pronomes. Ademais, facémolo con moito humor, con María Lado e Lucía Aldao, que botan man da canción “Como eu te amo”.
Ferrín en BlaBlaCar? O presidente chamando ás casas para comprobar se se fala galego? No #LGx15 non falta o humor…, nin a poesía! As condutoras do acto do 25 de novembro de 2015, as poetas (e humoristas :-P), María Lado e Lucía Aldao recitan, en versión con “tradución simultánea”, ‘Deitado fronte ao mar’, de Celso Emilio Ferreiro.