Alba María é unha destacada cantora, poeta e regueifeira. Estudou música no CMUS de Vigo e participou en diversos certames de poesía e improvisación.
En 2013 comeza os seus estudos de canto na Escola Livre da Música Popular Galega, de aCentral Folque, e en 2014 gañou o I Certame de Canción de Autor organizado polo Concello de Teo; o premio era a gravación dun disco a así naceu “Aínda”. É compositora das melodías e das letras. Naturalidade, xuventude e temáticas de xénero están presentes nos textos das cancións do seu primeiro disco.
Neste tema interpretado no #LGx15, a cantora Alba María fala das Carmiñas, das Carolinas, que hai navegando polas rúas e namorando as esquinas