José Antonio Rubal

José Antonio Rubal

“A dobraxe, unha onda vital para o galego”

Actor e director de dobraxe

Desde a perspectiva de máis de trinta anos de experiencia no mundo da dobraxe en lingua galega propoño un achegamento á súa intrahistoria (os comezos non foron doados e as anécdotas son abundantes), ó seu desenvolvemento e aposta pola calidade lingüística (converténdose en modelo e referencia de uso), ás súas achegas para dotar de prestixio o idioma (colaborando na súa normalización, normativización e desenvolvemento), e ó seu futuro (incerto e tan necesitado de apoios).


José Antonio Rubal (O Valdouro, 1964). Actor e director de Dobraxe dende 1985, responsable da versión galega de filmes como Pulp Fiction ou Apocalipse Now e de series como A nanny, O príncipe de Bel Air, Heidi ou Marco. Voz habitual en galego, entre outros, de Alain Delon, Ben Affleck e Daniel Craig e do personaxe de Songoku. Profesor de Dobraxe no título propio de Especialista en Dobraxe da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.