Eira Losada

Como converterse nun motor da lingua

Estudante e youtubeira

Ser a única persoa galegofalante no teu curso. Entrar no instituto e non cambiar. Provocar que outras persoas comecen a falar galego. Ter o galego como primeira lingua a empregala sempre que sexa posible. Facelo posible. Crear unha canle en galego.

Si, e de todo iso é do que vou falar.


Chámome Eira e teño 17 anos. Actualmente estou cursando segundo de bacharelato artístico. Sempre me gustou o mundo audiovisual. Hai xa tres anos que creei unha canle en YouTube chamada Nubes Baixo Ti. Este ano gañei o premio á mellor canle no concurso Youtubeir@s.