Xema Varela

Efecto curuxa

Empresaria e deseñadora

Que pasaría se por un intre puidésemos tomar distancia e ver o mundo desde arriba? Ou desde abaixo? Ou ao revés? Sorprenderíanos que houbese un lugar no planeta con moita xente pedindo a mesma cousa sen que ninguén parecese oír? Pensariamos en facer algo por todas esas persoas que comparten o mesmo gran desexo? E pasando á práctica, como se lle chama a iso no mundo empresarial? Unha grande oportunidade? Un gran filón? Sede as primeiras en descubrilo.


Xema Varela é empresaria e deseñadora. Ten traballado por conta allea, pero xa no ano 2008 funda a súa propia empresa de interiorismo, Nanube, dedicada a imaxinar espazos, principalmente locais, e convertelos en realidade. Formada como deseñadora na Escola de Arquitectura da Universidade Politécnica de Cataluña e como enxeñeira industrial na Escola de Enxeñería da Universidade de Vigo, é unha apaixonada da arte contemporánea e da cultura galega.