Javier Balea

Chíos de ciencia en galego

Creador de “Moléculas en galego”

Falarei sobre a necesidade de utilizar a nosa lingua na divulgación da ciencia, en concreto da química, como fórmula para achegala á xente e así acabar con certos prexuízos e mitos que existen tanto arredor da química como do uso da lingua galega no ámbito científico. Para isto aproveito unha das ferramentas de comunicación máis potentes que existen na actualidade: as redes sociais.


Son un químico que vai de bolsa de emprego en bolsa de emprego, por diferentes institucións públicas e privadas, e polo camiño intento difundir o pouco que sei para tentar acabar na medida do posible con ideas erradas na sociedade en relación coa química. Fágoo nas redes sociais dende as contas de Facebook e Twitter de «Moléculas en galego». Tamén colaboro puntualmente con diferentes medios, como o xornal Praza Pública e o programa da Radio Galega Efervesciencia.