Iria Veiga

Iria Veiga

“Síndrome do Noroeste”

Médica psiquiatra

Falarei sobre as diferenzas non só lingüísticas, senón tamén culturais, que atopamos na práctica médica habitual, e que fan necesaria unha boa comunicación e dominio do idioma por parte dos profesionais, cun toque de humor.


Son médica psiquiatra, actualmente exerzo como psiquiatra xeral no Hospital de Barbanza. Implicada en actividades de divulgación científica, colaborei en iniciativas como Escépticos no Pub, Pint of Science ou Ciencia, cultura e cervexa en Carral. Ademais, manteño o blog O Outro Lado do Espello (espello.gal) e colaboro no programa de radio Burán, en Radio Campus Culturae. (@radioburan)

Gañadora da última edición do Premio a artigos xornalísticos normalizadores do Concello de Carballo, co artigo Inchazón.