Participantes
Presentación
Actuación
Experiencias, argumentos, opinións, propostas, palabras, reflexións... Ideas!
LGx15 é iso, un proxecto para a difusión de ideas para o futuro da lingua, e que comeza cun evento de charlas e exposición de argumentos e experiencias que poden influír nas actitudes e conciencia lingüística e no futuro do galego.
En LGx15 interveñen diversas persoas para transmitir, dun xeito breve, claro e visual –a través de charlas dun máximo de 15 minutos–, ideas e reflexións que poden, e queren, influír no uso e prestixio do galego e/ou nas actitudes e comportamentos lingüísticos, procurando reflexións, accións e cambios.
No acto, ademais, hai música e humor, o que o fai un acto festivo e divertido. Despois do evento, as charlas, as ideas, difúndense en vídeo a través da rede.