Sole Felloza

Sole Felloza

Onde cabe unha lingua caben dúas

Levo 22 anos neste país, e dende o primeiro día tiven claro que ía falar en galego.

E non vexo mérito ningún. Sorpréndeme aínda hoxe cando a xente agradece que fale a súa lingua.

Son artista, muller, inmigrante, mulata (perdón, racializada), sei de minorías, periferias, derrotas, abafallos. Como non ser neofalante?

Pero tamén sei de soños cumpridos, de mapas que medran, de mans abertas…

Son eu a que ten que dicir grazas.


Actriz, contadora de historias, fotógrafa de patrimonio, escritora e dramaturga. 

Directora do Festival Internacional de Narración Oral Atlántica, con sede en Galicia (2013-2024) 

Nada na beira do río Uruguai, percorre o mundo e tenta contalo.

Defende a idea de que a memoria é un pano inmenso e cada persoa é un fío. Escoitar e narrar esas memorias é tecer un tapiz de mil cores.

Máis info: http://soledadfelloza.com