Rodri Míguez

Rodri Míguez

Onde está o teito da música en galego?

A idea será expoñer un pouco a situación actual que vive a música en galego, para dar rapidamente paso a atopar vías nas que os nosos grupos poidan penetrar máis na sociedade ou polo menos asentarse en certos grupos sociais estratéxicos para poder manter ou aumentar esta situación de recoñecemento e prestixio que estamos vivindo na actualidade. 

Profundizar nos consumos das xeracións máis novas e porén afastadas do galego é crucial, entrar nos seus contextos de ocio tamén. Identificar os sectores onde máis potencial ten de impactar con éxito a música en galego será tamén un dos temas a tocar.


Oficialmente son xornalista musical, exercendo como tal dende os 19 anos con coberturas de festivais, crónicas, entrevistas e artigos relacionados coa música electrónica. 

Actualmente exerzo como parte do equipo de comunicación e prensa de artistas e festivais, traballando directamente con artistas como Tanxugueiras, Caamaño&Ameixeiras, Sabela ou Hugo Guezeta, entre outros, e festivais como o SonRías Baixas ou o Festival do Pasatempo de Betanzos.

Compaxino a miña vida laboral coa creación de contido na rede social TikTok, onde levo máis de 3 anos facendo vídeos de divulgación e entretemento musical, centrándome na difusión da música en galego e dos festivais galegos. Este mesmo ano fun finalista dos Premios Martín Códax da Música con este proxecto.