María da Pontragha

María da Pontragha

Presentación

María da Pontragha é educadora e de vez en cando tamén conta contos.

Dende sempre mantivo un vínculo moi forte coa oralidade, tanto a través da música coma da palabra.

No 2009 comezou a súa andaina no mundo da narración bailando entre a recuperación e actualización das historias de vida e tamén recollendo e adaptando contos populares e de tradición oral, poñendo sempre no centro o idioma e a cultura do país.

E, aínda que ten leria abondo, tamén desfruta e estrebilla coa música, é percusionista e vocalista nos grupo de tocadoras e cantadoras Bouba e mais no de rock progresivo Lévedo, e mesmo garda algo de tempo para sachar no grupo de agropunk mestizo Sacha na Horta.