Farei un pequeno resumo da miña vida dende neno e como fun acollendo e utilizando as diferentes linguas minorizadas que se me presentaron. Tamén, como as utilizo nas actividades que desenvolvo como guía de montaña dentro de Vía Inqueda e da Asociación Ambiental Senda Nova.
Son membro fundador da Asociación Ambiental Senda Nova e actual integrante da súa directiva, así como da A.V.P.C. de Carballo e doutros colectivos en defensa da terra de Galiza e Asturies. Son traballador da área de cultura do Concello de Carballo e tamén son guía de montaña, profesión que desenvolvo dende a iniciativa Vía Inqueda.