Neves Rodríguez

Neves Rodríguez

Os medios públicos galegos: Parte de nós

Comunicadora e actriz nada en Donosti (1969) con máis de 30 anos de traballo no audiovisual, na ficción e, nos últimos anos, no teatro infantil e adulto. Directora de programas de televisión así coma dos podcasts Metrópoles Delirantes, adicado á Banda Deseñada, e Poética Lunik, podcast de ciencia ficción dedicado á promoción da poesía, ámbolos dous en galego.

Presidenta da Asociación de Actores e Actrices de Galicia nos anos 2017-2019, foi recoñecida con dous premios audiovisuais á mellor comunicadora: ano 2002 Premio AGAPI por “Desde Galicia para el Mundo” e ano 2018 Mestre Mateo por “Vaia Troula” e co Premio Ourense de banda Deseñada polo podcast “Metrópoles Delirantes” no 2015. Tamén obtivo o chimpín de prata do Festival de Cans no 2019.

A obra de teatro “Invisibles”, na que participa e que actualmente sigue xirando, foi galardoada con tres premios María Casares.