O comezo das emisións da Televisión de Galicia en 1985 supuxo un cambio na percepción da lingua para os telespectadores, que por primeira vez vían e escoitaban grandes estrelas falando galego. Dende a Sue Ellen de 1985, pasando polo Son Goku de cinco anos despois, ata chegarmos a Galadriel en 2022, percorremos un camiño de preto de 40 anos, cos seus altos e baixos.
Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, ten un mestrado en Tradución Audiovisual e Subtitulado pola Universidade de Cádiz. Conta con 25 anos de experiencia como tradutora audiovisual e subtituladora.
Actualmente traballa como tradutora e revisora autónoma para diversos estudos de dobraxe e plataformas. Ultimamente foi responsable da tradución para dobraxe ao galego de títulos coma “Hachiko: sempre ao teu lado”, “It 2”, “Pinocho de Guillermo del Toro”, “Nimona”, “O señor dos Aneis: Os Aneis de poder” ou varios capítulos dun clásico coma “Bonanza”; e do subtitulado de filmes coma: “O fillo”, “Marlowe”, “Axentes 355” ou “Xogo de asasinos”.
Ocupa tamén o cargo de “Language Lead” de galego dentro da multinacional Deluxe Media Entertainment.