Explicarei un pouco de onde veño e onde estou e logo darei a miña opinión do futuro do galego e por onde creo eu que deberían ir os tiros.
Nacido 1969 en Mugueimes (Muíños), é licenciado en Educación Física polo INEF Galicia. Até o ano 2009 traballou no mundo do deporte, principalmente na xestión deportiva por conta allea e nese mesmo ano monta, xunto con dous socios, unha empresa propia de xestión deportiva.
Será a partir do ano 2010 cando dea o salto ao mundo da xestión cultural e dos libros con diferentes proxectos: Aira das Letras, Punto e Coma, Maruxairas (libraría de libros lidos), Aira Editorial, BenComún Espazo…
Carlos defínese como especialista en consultoría para empresas e autónomos nas áreas de exploración de novos negocios, expansión comercial e análise de riscos, principalmente no sector deportivo e cultural.