Deleite é unha marca galega, a propiedade é de gandeiros galegos. O galego é, loxicamente, a lingua da marca. A única.
Falarei da experiencia empresarial Deleite coa lingua, da importancia que ten para a nosa marca e da inclusión dentro da responsabilidade social corporativa do impulso da lingua e de apoio á cultura galega, á literatura, á música, ao teatro, ao cinema…
Pedro González Boquete é avogado en Santiago de Compostela dende 1988 e dende 2016 é director executivo da mercantil Leite Noso.
Leite Noso nace en 2016 nun momento de grande inestabilidade no sector, cunha grave crise no campo, coa intención chegar ao consumidor, de forma directa e sen intermediarios, con leite de calidade procedente das explotacións máis innovadas de Galicia, coas marcas propias DELEITE e MUUU.
Foi a primeira empresa en firmar contratos estables a un ano e foi a primeira tamén en firmar en 2020 contratos estables cos gandeiros a tres anos. Deleite volveu a innovar en 2021 converténdose na primeira empresa europea en comercializar leite A2, unha auténtica innovación e revolución dende o sector produtor, para o que estiveron traballado catro anos seleccionando de forma natural as vacas para ofrecer un leite único, mellor e máis saudable.
Deleite tamén foi a primeira marca galega de leite en etiquetar o seu leite unicamente en galego e dende o seu nacemento vén colaborando activamente coa cultura galega, coa literatura, coa música, co teatro, co cinema…