Elsa Quintas Alborés

Elsa Quintas Alborés

Os nosos dereitos lingüísticos: vivir en galego. A avogacía exercida dende o galego: casos e sucesos

 

 

Tratarei de expor a lexislación da que nos podemos valer para conseguirmos vivir en galego, as contradicións normativas e as grandes lagoas existentes na lexislación respecto das linguas e os falantes. Abordarei supostos especiais que foron abordados pola Liña do Galego, como se resolveron e que aspectos normativos urxe mudar para podermos avanzar na igualdade de dereitos. Expoñerei como é o exercicio da avogacía en galego, a casuística profesional coa que me teño topado e a percepción social da Administración de Xustiza e o galego.


Avogada e vicepresidenta da Mesa pola Normalización Lingüística. Fun cofundadora das Mocidades pola Normalización Lingüística e colaboro en numerosos proxectos culturais, sociais, artísticos e ambientais. Na actualidade canto no Coro Tradicional Cantares do Brión, con sede en Vincios, Val do Miñor.