Xosé Luís Reza

Xosé Luís Reza

O galego como elemento diferenciador

Especialista en márketing

A xente do márketing estamos buscando permanentemente elementos de diferenciación que nos permitan diferenciarnos nun mercado cada vez máis complexo e internacional. Galicia ten elementos de sobra para competir no mundo que nos fan diferentes, únicos e, polo tanto, máis competitivos. E o noso idioma é un deles. Aproveitémonos desta herdanza.


Licenciado en Administración e Dirección de Empresas pola USC, MBA pola Escola de Negocios Caixanova e Master en eBusiness pola EAE-Universitat Politècnica de Catalunya. Desenvolveu toda a súa carreira en diversas responsabilidades de Marketing e Comercialización en compañías como R Cable e Telecomunicacións Galicia, Fundación Semana Verde, Grupo Tecam e La Voz de Galicia. Na actualidade é socio consultor de iuni consulting e Presidente de Markea, Asociación Galega de Marketing e do Clúster da Comunicación de Galicia.