María Vázquez

María Vázquez

Crianza en galego… Volver ás orixes

Actriz

Contareivos por que decidín criar as miñas crianzas en galego, volver ás raíces, e traballar desde aquí e na miña lingua.

María Vázquez é unha das intérpretes galegas máis coñecidas dentro e fóra do país pola súa extensa traxectoria nos eidos teatral e audiovisual, referendada por diversos galardóns nos últimos anos. Formada no Estudo Internacional do actor Juan Carlos Corazza e no Teatro da Danza de Madrid, conta con estudos de danza e música no Conservatorio da Coruña e no Royal Academy de Londres.

Ten catro premios Mestre Mateo do audiovisual galego polas súas actuacións en O club da calceta, Mar libre, Trote e Quen a ferro mata; e conta con recoñecementos como a Medalla del Círculo de Escritores Cinematográficos ou o Premio El Ojo Crítico de RNE (Cine) polo seu traballo en Mataharis, de Icíar Boallín, interpretación pola que foi finalista nos Premios Goya 2007. Tamén posúe un Premio Cineuropa (2019) en recoñecemento á súa traxectoria, na cal destacan a súa participación en filmes como Silencio roto, de Montxo Armendáriz; Deseo, dirixido por Gerardo Vera; ou 18 comidas, de Jorge Coira.

Ademais do cinema, María Vázquez é coñecida por ser parte do elenco de proxectos televisivos como Hospital Central, El incidente, La fuga, Fariña ou Néboa, ademais de Santo, a nova serie de Nostromo para Netflix.

Sobre as táboas, a actriz galega forma parte do elenco de espectáculos como Sueño, de Andrés Lima (Premio Nacional de Teatro 2019); A leituga, de Víctor Duplá; A xente 2.0, de Amorodos Producións; ou Fariña, dirixida por Tito Asorey, unha interpretación pola que é candidata aos Premios Max como mellor actriz. No verán de 2021 incorporouse como Desdémona na xira galega do Othello de Voadora.