Xornalista
A partir da súas vivencias persoais, Alice pretende explicar como descubriu a diferenza entre bilingüismo e diglosia e o impacto que esta última tivo no seu día a día.
A través de exemplos, mostrará distintas estratexias que ela usou para resolver este conflito dunha forma conciliadora.
Dende a perspectiva dunha italiana que leva case vinte anos vivindo en Galicia, o galego é unha ferramenta perfectamente válida para o actual mundo globalizado e dixital do que este país fai parte.
Nacida en Como, a cidade do homónimo lago, hai uns corenta anos, pasou a infancia e xuventude na vila de Olgiate Comasco. Aos 18 múdase a Bologna para estudar xornalismo e tanto lle mola a experiencia de estar fóra da casa que en canto pode marcha de Erasmus. Tócalle a Universidade de Santiago de Compostela onde cursa o ano académico 2001-2002. É neste momento cando empeza a interesarse polo galego, un en particular, e unha vez rematado o período de intercambio viaxará frecuentemente a Galicia ata afincarse definitivamente en 2004, primeiro en Compostela, logo en Oroso e finalmente en Caión, lugar onde reside hoxe en día.
Actualmente traballa na área de Recursos Humanos e no tempo libre gústalle estar coa familia e os amigos, ler e viaxar.