Ángel Carracedo

Ángel Carracedo

O galego na miña vida

Doutor en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela

Podería falar do galego na ciencia, pero como a ciencia é a miña vida, falarei do galego na miña vida: como investigador, como docente, como divulgador…

Investigación, docencia, divulgación… Hai espazo nelas para a lingua galega ou debemos rendernos a que outras linguas, nomeadamente a inglesa, o ocupen todo?


Ángel Carracedo (Santa Comba) é doutor en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela. É profesor de Medicina Legal, Ética Médica, Xenética Forense, Medicina Xenómica e Molecular e Xenómica e Enfermidades Xenéticas na facultade de Medicina e Odontoloxía da devandita universidade

É catedrático de Medicina Legal desde 1989 e foi director do Instituto de Medicina Legal da USC (entre 1994 e 2012). É director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica (SERGAS-Xunta de Galicia), director do Centro Nacional de Genotipado-ISCIII, ademais de xefe de grupo do CIBER de enfermidades raras (CIBERER) e do Instituto de Investigación Sanitaria de Santigo de Compostela (IDIS). O grupo de Medicina Xenómica que coordina consta de 10 grupos de investigación, varias plataformas tecnolóxicas e arredor de 100 persoas.

Ten publicados 12 libros e mais de 600 artigos en revistas internacionais (SCI) incluíndo artigos en Nature, Science, NatureGenetics, ademais das principais revistas de xenética médica, cáncer e medicina forense. As súas principais liñas de investigación inclúen a xenética do cancro e das enfermidades psiquiátricas en idade infantil, a farmacoxenómica, a xenéticas das poboacións humanas ou a xenética forense.