Alba Mancebo

A importancia de contar historias en galego na rede

Contidos web da CRTVG

Empezarei falando da sorte de que unha nena do rural amante da lingua remate traballando nunha empresa enorme que ten como un dos motivos de nacemento o galego. E logo a exposición virará cara á importancia de crear contidos en galego de todos os tipos na rede e a necesidade de darlle voz á riqueza de trazos dialectais que temos no país. Tamén quero incidir na importancia de que o galego non serve só para falar de cousas de Galicia (non só se pode falar de Rosalía de Castro en galego, tamén podes falar da cantante Rosalía) e de como a través das redes sociais se pode facer tal cousa. Tamén lle darei unha volta ao uso e presenza que ten o galego neste “novo medio de comunicación” que xa case se está convertendo no principal e as eivas coas que nos atopamos os medios galegofalantes neste mundo.


Chámome Son Alba Mancebo Soto e son xefa de Servizo do Departamento de Extensión Audiovisual da CRTVG.

Nacín en Vimianzo e gradueime en Xornalismo pola USC. Estiven un ano na Radio Galega como redactora-locutora. Nese tempo, tivéronme metade do tempo en informativos e a outra metade no magacine A Tarde, onde tiven a oportunidade de montar coa directora unha canle de YouTube na que contabamos como era a radio por dentro.

Entrei no departamento de Contidos Web da TVG no 2017, do que formei parte durante dous anos e no que lle demos unha volta á creación de contidos dixitais. Participo desde a miña entrada no programa A Revista, cunha sección na que falo dos contidos da rede. No 2018 creo a sección #instaGal para promover a lingua a través do Instagram da @TVGalicia, iniciativa collida con moito agarimo polos usuarios.

No verán de 2019 nace o departamento que agora dirixo, chamado Extensión Audiovisual e que tamén está relacionado co mundo dixital.