Vicente Mohedano

Vicente Mohedano

Presentación

Estudando Biolóxicas na USC vinme de repente envolto nun tumulto e, sen querer, fun obrigado a decidir entre a carreira científica e a escena. Oh! Que será máis nobre para o espírito? Cal o mellor escenario para a investigación e experimentación da existencia?

Dubitativo e transcendente abandonei finalmente o estudo dos seres e, de método a método, fun atrás dos seres ou non seres. Eis a cuestión. Como conciliar cariño polo coñecemento con paixón pola escena? Hoxe que estou crecidiño e xa me concedo anunciarme como actor profesional e director teatral, encontrei sosego de forma creativa para ese dilema na divulgación.

Así creamos Peripeciencia, factoría de produción para a divulgación do coñecemento científico.

+info en discurshow.com