Rosalía Fernández Rial

Rosalía Fernández Rial (LGx15 2016)

O Galego, Lingua Ártica

Profesora e poeta

Mediante esta intervención comprobaremos de que maneira o galego, como lingua “subxacente” e “underground”, nos permite comunicarnos con persoas que falan idiomas que xamais estudamos. Como explica o científico “Modelo do dobre iceberg”, é o coñecemento común dos idiomas diferentes o máis interesante para entendernos e para aprender. E é que no espazo subterráneo do alternativo, do poético e do inconsciente reside sempre o máis atractivo da vida. Tanto nun pub nocturno como no mapa lingüístico mundial. Nese senso, a nosa lingua é latente de todas as demais: temos os subsolos conquistados.


Rosalía Fernández Rial (Carballo-Muxía, 1988) é licenciada en filoloxía e Doutora en didáctica das linguas, da literatura e da expresión dramática pola USC . Exerce de profesora de lingua e literatura no ensino secundario; participa en diversos proxectos escénicos interdisciplinares e, sobre todo escribe.

Entre os seus libros destacan títulos como En clave de sol (2009), Átonos (2011), Vinte en escena (2012), Un mar de sensacións (2012), Ningún amante sabe conducir (2014) e Contracción (2016). Neste outubro sairá ás rúas o seu proxecto artístico-pedagóxico “Aulas sen paredes”.