María Yáñez

María Yáñez (LGx15 2016)

Primavera millennial para o galego

Costureira de internet

Quen son os e as ‘millennials’? Hai vida máis alá da nostalxia do Xabarín? Cal é a relación coa lingua galega da primeira xeración que creceu con internet?  A lingua na xente nova vai a menos, pero a produción de contidos en galego multiplicouse, porque xa non depende só das institucións (políticas, mediáticas, culturais…) senón tamén da nosa conversa diaria no mundo dixital. As redes están xerando unha nova cultura popular en galego que bascula entre o oral e o escrito, entre o anónimo e o autoral, entre o activismo e as risas.