Manuel N. Singala

Manuel N. Singala

Sociolingüista e escritor que nos quere facer reflexionar e desmontar algúns prexuízos que hai arredor do galego.

Singala é un sociolingüista e escritor que ten a capacidade de facernos ver o evidente, principalmente no que se refire á lingua. Nesta charla no‪#‎LGx15‬ quere facer reflexionar e desmontar algúns prexuízos que hai arredor do galego.

Manuel Núñez Singala estudou Filoloxía Galega; dirixe o Servizo de Normalización Lingüística da USC, imparte conferencias e escribe: teatro, narrativa, ensaio e artigos sobre a normalización do idioma, os prexuízos, como en “En galego, por que non?” (2009), e mais sobre a peculiar relación que nesta terra temos coa nosa lingua. Moi recomendable para escachar coa risa mentres lemos á vez que nos fai reflexionar é o libro de contos “Instrucións para tomar café” (2015); ou tamén no teatro coa “Comedia bífida” (2007). Tamén publicou: “O achado do castro” (1991, Premio Xiria de Creación Teatral 1987), “Planificación estratéxica” (2009), “Mar de fondo” (1997) ou “Menú de enganos” (2010, Premio Frei Martín Sarmiento 2011).

Escolle non escoller | Manuel N. Singala | LGx15