Opinións, propostas, palabras, reflexións... Ideas! Charlas breves, visuais e amenas para transmitir argumentos e experiencias para influír no futuro do galego. LGx15 é iso!
 
LGx15 Igual que na primeira edición, neste LGx15 2016 intervirán diversas persoas para transmitir –nun máximo de 15 minutos–, ideas e reflexións que poden, e queren, influír no uso e prestixio do galego e/ou nas actitudes e comportamentos lingüísticos, procurando reflexións, accións e cambios..
E no acto haberá, ademais, música e humor, o que o fará un evento festivo e divertido.