Xosé Lois Vilar

Xosé Lois Vilar

Xosé Lois Vilar é vendedor de froita nas feiras e apaixonado da lingua e do patrimonio. En definitiva, un entusiasmado do propio.

Nesta intervención no LGx15, ideas para o futuro da lingua, fala da importancia da toponimia e da talasonimia, dos nomes do mar de Galicia, un GPS, un localizador imprescindible. Os topónimos son a relación da palabra co espazo, e gardan unha riqueza inmensa.

Xosé Lois é de Baiona. É arqueólogo, historiador, experto en toponimia e na lingua dos cabaqueiros, etnógrafo e empresario da froita, infatigable animador cultural no Val Miñor. Pescuda petróglifos e testemuños orais e documentais sobre naufraxios, etnografía ou memoria histórica. Recolle toponimia e talasonimia, escribe libros, imparte conferencias, realiza exposicións, guía visitas toponímicas e arqueolóxicas. Descubriu o Outeiro dos Lameiros, unha das mellores estacións de arte rupestre de Galicia, con máis de 30 petróglifos. E está moi ligado á creación e funcionamento de varias asociacións como SOS Groba e o Instituto de Estudos Miñoranos.

A importancia dos nomes do mar de Galicia | Xosé Lois Vilar | LGx15