Carmen Grimaldi

Carmen Grimaldi

Moza andaluza que vive na Coruña, e que nos quere contar a súa relación coa lingua galega desde as súas circunstancias…

Ela é gaditana e xornalista. Traballaba na súa terra nunha revista cultural e mais no Consejo Audiovisual de Andalucía, que é o organismo controlador da programación televisiva para a Junta de Andalucía…, ata que botou un mozo coruñés; deixou o traballo, a súa terra e veu canda el. Na Coruña matriculouse na Escola Oficial de Idiomas para estudar alemán… e galego; tamén se anotou nos xuntoiros (grupos de conversa en galego) para mellorar a lingua. Atopou traballo nunha consultoría de xestión de mercadotecnia, na que xestiona a comunicación na rede para distintas empresas.  ‪#LGx15‬

O galego é | Carmen Grimaldi | LGx15