Patricia Buxán e Miguel Braña

Patricia Buján e Miguel Braña

“O galego, lingua de prestixio na economía social”

Tradutores e socios de Catro Ventos Editora

A situación diglósica do galego fai que non sexan moitos os eidos nos que poidamos falar da nosa lingua como unha lingua de prestixio. A economía social e solidaria é unha excepción. Este fenómeno explícase polos paralelismos entre ambas as dúas. Quizais sexa pola conexión da economía social coas clases populares, quizais porque, como co galego, se trata dun eido minorizado, heterodoxo, que propón un estilo de vida distinto ao maioritariamente asumido pola sociedade.


Miguel Braña Montaña (Bilbao, 1975) é licenciado en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo e licenciado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Desde 2007 traballa como tradutor autónomo. É socio fundador de Catro Ventos Editora, na que xa se publicou unha tradución súa (Transición ecolóxica. Manual de uso) e na que están a piques de publicarse outras dúas traducións (Biodiversidade: cara a unha sexta extinción masiva e Xuízo aos humanos).

Patricia Buxán Otero (Xixón, 1976) é doutora en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo e forma parte da terceira promoción de licenciadas con galego como primeira lingua. Dedícase profesionalmente á tradución a tempo completo desde 2001. A finais de 2016 uniuse a Catro Ventos Editora. Ademais do traballo editorial, está especializada en tradución técnica, un eido sobre o que tamén investiga. Entre as súas últimas traducións publicadas destaca A teoría da relatividade (A. Einstein, Consello da Cultura Galega 2017). É membro do consello científico de Cadernos de Fraseoloxía Galega.