Poetarras

Poetarras (LGx15 2016)

Actuación musical.

Poetarras é un colectivo arterrorístico formado Manuel Gago (voz, teclado, acordeón, maracas, frauta melódica), Pablo Lamosa (guitarra), Rubén Lino (voz, guitarra e caixón) e Daniel Vilaverde (voz).

Naceu en 2013 logo dunha noite de esmorga a base de licor café e Galicolas. Os 4 mozos decidiron facerlle a competencia a Resistencia Galega e converterse no referente da loita armada do pobo galego, aínda que tiveran que renunciar ao traballo e á parella que non tiñan. As súas armas serían sketches e cancións, humor e música, retranca e melodías, e para a súa misión contarían co apoio de arterroristas autónomos.

O obxectivo? Ofender a alguén nalgún lugar por algún motivo… ou non.

En realidade o obxectivo dos Poetarras é facer o que lles peta sen preocuparse das molestias que causen polo camiño (porque SEMPRE haberá alguén molesto co que fagan) e que o único filtro do seu traballo sexa o do que consideran gracioso.
No fondo son moi riquiños e non buscan pelexa… pero se hai que dar un par de hostias, danse.

Redes sociais:

Enlaces a vídeos: